26-7-2015

identidade e reveldia

 


moitas horas de moitos longos días

con sol ou chuvia a praza baleira

con ese silencio que algo susurra

e uns poucos días unhas pouquiñas

horas a praza da quintana está chea

 

a desmemoria é algo universal

e a submisión e a estupidez

son patrimonio da humanidade

a identidade e a reveldía tamén

 

manolo pipas