21-9-2010

cantor da terra adentro

,

  cantor da terra adentro
palabra das pobres vilas e aldeas
dos cursos medios do rio ebro
cantor ben adentro da terra

a mochila ao lombo e o camiño
camiñar entre raices e memorias
unha casa un vello pombal
unha arbore un paxaro un asubio
e os versos que fan historia

e o camiño tamen leva a cidade
unha travesia chea da atrancos
e un destino cheo de trampas
que o mestre as foi safando

cantor de terras e cidades
que fixeche un camiño mais longo
institutos barriadas e fabricas
os cantos que fan historia
a guitarra en parques e auditorios


desde a beira do mar
entre veran e outono

para josé antonio labordeta
mestre contador camiñante
o teu andar seica parou
pero aí segues contando