18-12-2014

14 de gobernantes e barcos

 

 

dixera aquel gobernante

eu non mandei as miñas naves

a loitar contra os elementos

 

o peliculeiro titanic

parece que tampouco pensaba

atoparse cun inmenso iceberg

 

o armador do prestige

sabía dos temporais de inverno

da nosa costa da vida e da morte

pero non sabía de fraga cañete rajoy...

 

o do barco costa-concordia

parece que foi unha broma

 

e o gobernante da cidade de vigo

contra quen manda estes días

o barco alfageme !?

 

máis vale honra sen barco

que barco sen honra

dixera outro dirixente

 

o cronista de coia