08-3-2017

queremonos vivas

 


fáltannos as asasinadas
querémonos vivas

faltan as asasinadas
e faltan as golpeadas
e as feridas que están
no hospital ou nas casas

e faltan as que teñen medo
e as non concienciadas
faltan as que están traballando
e as que están a coidar
as súas cativas ou ás súas nais

pero érades moitas e máis

que os últimos anos
e viñeron moitas rapazas
e ficastes máis tempo na praza
cortastes máis tempo o tránsito
ese tránsito que mal deseñan homes
e os armados de azulón
botánronos da nosa praza

e tamén nas faixas

nos debuxos nas consignas

e nos cantos fostes máis combativas

o cronista