09-4-2012

tabanca




a rosa mandoume esta imaxe

desde terras de guinea bissau
tabanca unha das suas comunidades

as chozas coa coberta vexetal
a erva ben verde e as arbores
ao lonxe cativas e meninos a xogar

canto ris canto choras tabanca
todo sae da terra e da comunidade
pero fora seica pouco vale a palabra

a erva as arbores a selva
tabanca guinea bissau africa
a riqueza golpeada pola miseria

da terra construese o fogar
unha porta que se nos abre
compartir o precario xantar

manolo pipas

mentres saian estes versos
medraba a miseria dos militares
que dous dias despois daban
un golpe de estado