05-12-2014

3 propostas onde poñer o barco

 


diversas propostas onde poñer

o noso querido barco alfageme

que xurdiron dentro da rotonda

onde nós non o queremos

por demasiadas razóns

algunha proposta con frío no mencer

e outras na tarde soleada sen gorro

e non vos asustar pois

 

un veciño da rotonda di

que o poñan no museo do mar

unha residente na miñoca

propón sobre a torre de toralla

unha que vive na rúa salvaterra

quereo na veciña bouzas

con rotonda ou sen rotonda

 

un parado de lavadores 

di que o poñan debaixo ou á beira

da cruz franquista do castro

un de coia que marchou para navia

recomenda a auga dóce da praia

da freixa de puente-arenas

de onde ven o señor alcalde

 

un estudante de teis di no monte

da guía coa proa cara o mar

unha da rúa baiona propón

o turreiro da veciña matamá

parroquia onde vive o concellal

e co-responsable disto david regades

 

di o do camiño de figueirido

da rotonda baixando para florida

avenida sobre a coia histórica

que desde a rotonda ollamos

o monte alba coa capela

e o cepudo onde non quedaría

mal o barco de alfageme

para que o vexa todo o mundo

que é o que quere a alcaldía

 

un xubilado de barreras di

que o barco debe estar

a poucos metros do mar

 

voces da rotonda