12-10-2012

continente das amerikas




é un continente

ou son dous
unidos por un estreito
fío de terra
e a terra era unha soa
entre os dous mares
de norte a sur

e o continente
e as suas illas
as terras foron invadidas
coa espada e coa cruz

isto din que foi
hai cincocentos vinte anos
e agora nesta terra dominan
os primeiros invasores e os ultimos
coa espada a cruz e o capital
pero agora non temos
unha natural division-union
entre o norte e o sur
agora esta liña
subiu cara o norte
e a divison é agora un longo fio
fronteira de auga deserto e formigón
un longo fio de inxustiza opresion e morte

manolo pipas