18-3-2012

bar hipólito unha noite




unha noite de febreiro logo

de falar de facer o recital

o piano con duas sillas
o reloxio de parede
tres mesas ocupadas
o son das suas conversas
outro ritmo livre
dame bar hipólito
un pouco de jazz

escribo na computadora
e unha rodaxa de limon
flota no meu zume de uva
ten un palillo cravado
e podo xogar con el
dame bar  hipólito
un pouco mais de jazz

unha exposicion de fotografia
mans retratos da nosa musica
na rua os pitidos dos carros
chega outro corpo
e sumase a unha mesa
dame vello bar hipólito
outro pouco de jazz

na barra o hipolito fala
con dous vellos compañeiros
xa voltan a sua mesa
os que sairon fora fumar
e fora a lua baixando
baixanos vello bar hipolito
outro pouco pouco de jazz

sona un trio un trio sona
piano contrabaixo bateria
so unha viaxe musical
na mesa da miña esquerda
unha rapaza pon o seu poncho
e coa sua amiga xa se vai
danos vello e novo bar hipólito
outro pouco moito de jazz

manolo pipas

estes versos cos outros poemas
do bar hipolito reciteinos onte