01-7-2021

coas zapatistas xirando

 


o veleizo zapatista non chegóu
ao peirao que eles propuxeron
nen aos que propuña a asemblea
e fondeóu en baiona pero non
desembarcóu onde o fixera a caravela
e logo de rexeitados os plan a  b  c  d …
saiu o plan  e  ou   f  e unha zodiac
foi buscar  ao escudrón ao veleiro
que entrara na ría de incognito

e o desembarco foi en alcabre
coitada a comisión naval 

coas asembleas eventos
benvida  espellos … tamén
foi dificil que saira o plan a
pero a comisión zapatista se aloxóu
no liceo mutante de pontevedra
e aquí si saiu o plan a   

algunhas compas internacionais
tiveron que marchar antes da benvida
e a últimas compañeiras mexicas
e europeas fóronse o martes
as súas casas e aos espazos colectivos
e entre as primeiras e as últimas
algunhas marcharon cara extremadura
ou madrid a seguir a delegación zapatista


un que se queda