25-4-2016

flores de abril do 74

 


un novo poema para abril

pro vintecinco unha nova trova

os versos serán cravos vermellos

vermellas as cordas das violas

 

portugal setentecatro

en abril os capitáns

as rúas queren tomar

pra dar un golpe de estado

 

portugal setentecatro

un vintecinco de abril

un fusil e outro fusil

fóronse enchendo de cravos

 

en abril un vintecinco

a utopía camiñaba

pola radio polas prazas

ela ía dando brincos

 

un vintecinco de abril

sen sangue esta dictadura

cae como froita madura

os presos que van sair

 

os yanquis teñen fragatas

na costa de portugal

por se acaso os capitáns

queren pasarse da raia

 

portugal dos meus amores

un vintecinco de abril

un fusil e outro fusil

fóronse enchendo de flores

 

manolo pipas