26-6-2018

romance dos canteiros 1

 


entre freixo e matamá
busco cortes que hai na terra
son como grandes feridas
son esquecidas canteiras

imaxino aqueles homes
e as rudas farramentas
casas pontes e canastros
van manter viva a presencia

golpe a golpe sobre as cuñas
melodía das canteiras
esta fenda que xa racha
e despois dan forma as pedras

maruxento e talliños
pedra longa e aguieira
e co regueiro das cartas
os canteiros xa son lenda

    duras pedras  duras mans
    muros casas e cruceiros
    na memoria as manterán

a pedra cargan nos carros
e aparcados en fileiras
van ficar aquí no rio
mañán cedo pra ribeira

por ribelas vai pasar
pedra fina e máis morena
paran na fonte do alfredo
pero beben da botella

pola dreita está o cabano
e o gallardo pola esquerda
van tirando os bois do carro
que dúas horas inda restan

     duras pedras duras mans
     pazos fontes e muiños
     na memoria as manterán
     ...

versos do ano 2000
imaxe da abandonada
canteira do maruxento

e do muiño da regueira

continuará


manolo pipas