21-2-2014

o cabaliño de buxo 2




o cabaliño de buxo

no fondo da libraría
agarda por unha nena
que se faga a súa amiga

o cabaliño de buxo
a este rincón da ría
chegou das terras do ulla
cargado de fantasía

o cabaliño de buxo
do querido neira vilas
pra meniñas e cativos
trouxo contos e cantigas
   .    .    .    .

o cabaliño de buxo
é de piñeiro da ría
que os buxos escasean
medran lentos na terriña

o cabaliño de buxo
que mui solo se sentía
nalgunhas mañáns de contos
fixo boas amiguiñas


imaxe da libraría andel
nalgunha mañanciña de contos
e mañán sábado as 12.30 outra
da cultura xaponesa

manolo pipas