14-4-2017

fe e fanatismo



nesta semana de feiras
de fe e de fanatismo
por sorte non me topei
con ningunha procesión
topeime con esta imaxe
esculpida nunha das caras
do cruceiro na praza das travesas
e non pensedes que é mui vello
que é de principios dos oitenta
da galopante democracia

esta imaxe parece
un santiago matamouros
daquel tempo de guerras
de fe e maiores fanatismos
que enlaza cos yijadistas

o cronista