20-12-2010

tlahuitoltepec e os derrumbes


tlahuitoltepec

xaamkëjxp o lugar sobre o frio
unha comunidade da serra mixe ayuuk
recibenos un dia de sol de inverno
nas montañas de piñeiros e encinos
onde se colgan as poboacions como esta
e nas ladeiras unha casa case enriba da outra
fermoso e dificil vivir que algunha vez se rompe
e foi a finais do pasado mes de setembro
no medio de grandes chuvias que a terra cedeu
un derrumbe e outro e outros mais
que se levaron ducias de casas e once vidas

a vida segue na comunidade
e un convivio traenos de visita ate aqui
unha comida un pedimento unha ofrenda
e os tepaches a bebida ritual antes de ser bebidos
son derramados un pouquiño sobre a nai terra

moitos desprazados ainda viven en albergues
ollamos bastantes casas con fendas nas paredes

a comunidade segue a reclamar solucions
e no espacio de terra onde antes habia casas
agora hai novos carreiros por onde baixan os mixes
por onde xogan chamacas e cativos
que como outras poboacions de oaxaca e mesoamerica
viven á beira dun posible novo derrumbre

manolo pipas

tlahuitoltepec e mixe
son nomes mexicas de oaxaca
xaamkëjxp e ayuuk son os nomes
na lingua ayuuk da comunidade
a zenaida e as suas xentes