09-8-2012

pobres ricos e roubos




cando alguén colle comida

para compartila cos que non teñen
a quen a vende logo de pagarlle
unha miseria aos seus productores
pode ir preso moito tempo

cando os ricos directivos
das caixas e dos bancos
rouban aos pequenos aforradores
ainda lles dan un bo premio

        .........

onte morreu sancho gracia
o querido curro jiménez
o heroi da nosa infancia
que compartía cos de abaixo
o que lle sacaba aos de arriba

o cronista

imaxe de xornaleiros andaluces
que poderiamos chamar os sen-terra
nunha toma de latifundios da nobreza