18-2-2017

a infanta do conto

 


coma naquel vello conto
pero esta vez a protagonista
é a filla do dimitido rei
e a irmán do novo monarca

os seus sastres de noos
fixéranlle un vestido
da seda máis fina do mundo
que seica so as boas persoas
podían percibir

e uns xuices presentáronse
na súa decrépita corte
e dixeron que era

mui fermoso o seu vestido
eles debían ir ao oculista
e voltar a facultade de dereito

pero uns nenos fillos
dos desafiuzamentos
cando viron pasar
a filla do dimitido rei
e a irmán do novo monarca
dixeron que ela estaba espida

o cronista