07-2-2010

os musicos e a velliña

musicos andinos nos arcos de palacio
cantan o seu continente longo canto

ponchos e frautas andinas o condor pasa
pasa e queda a velliña sen palabras

os musicos son de aquí cantan a llorona
unha velliña descalza baila soa

andinos mexicas paran cordas e zampoñas
a velliña que se senta e fala soa

os musicos vanse sos a velliña soa queda
e a xente que camiña mais pequena

lariño zocalo 2-10