28-10-2011

serodio outono




   pola memoria

   das vellas das chozas

este serodio outono
agora se fai formal
baixan as temperaturas
as nubes a descargar
tempo de humidade
e varios temporais

as castañas a cair
os magostos a chegar
co samain outro ciclo
que xa vai empezar
na aldea das chozas
os cabazos a agardar

as vivas e as mortas
e as noites a medrar
este serodio outono
que se fixo de rogar

no val do barbeira
unha desta tardes
saiu o arco da vella
por elas