24-5-2016

refuxiados expulsados

 

 

son persoas que camiñan

que foxen duns lugares

cara outros lugares incertos

 

son as excluidas e os explotados

os ameazados as golpeadas

os bombardeados as feridas

as mutiladas os sobrevivinte...

e atrás quedan os mortos

e as desaparecidas

e os que non poden fuxir

e a resistencia

 

camiñan os perseguidos

e as desprazadas

polo capital e as multinacionais

as dictaduras as democracias 

os fanatismos as guerras...

os (des)acordos de paz!?!?

e atopan campamentos temporais

para seguir fuxindo

pero estes lugares

nas fronteiras de europa

se convirten en campos

de detención e expulsión

 

excluidas explotados ameazadas

golpeadas bombardeados

sobrevivintes desprazadas...

e porqué os medios case so falan

de immigrantes e refuxiados !?

cando mui poucos conseguen os papeis !


hoxe 24 de maio

día da muller antimilitarista

na fronteira grego-macedonia

están a desaloxar idomeni

 

o cronista