02-5-2014

mulleres repulsa e camarógrafo




de pe nas escaleiras do marco
detrás da falxa en silencio unha vez máis...

o camarógrafo está a grabar

esta última concentración das mulleres
en repulsa polo último asasinato machista
o camarógrafo fai unha toma
e móvese e fai outra e outra máis

mui pouco tempo durará
a reseña que porán na caixa boba
e antes ou despois irán as novas
dos de arriba que son os cómplices
desta violencia machista

o camarógrafo segue a grabar
e que cara porán que xestos escollerán?
e detrás súa hai algunhas caras
con expresións semellantes ás nosas
pero que non queren xuntarse con nós

o cronista