23-2-2010

o freixo e a comunidade

o freixo é a arbore sagrada
da rexion da chinantla alta
na serra norte de oaxaca

en cada comunidade noutros tempos
medraba solitario un grande freixo
a comunidade a arbore e o cerro

pero foron morrendo as arbores
polos chamados malos aires
agás o freixo de temextitlán
que coida da sua comunidade

unha xuntanza unha asamblea
os xogos de chamacos e cativas
hoxe domingo poucos traballaron
no solpor os guajolotes se retiran
os cans agora están mais bravos
sae outra vez fume das cociñas

ala arriba entre as estrelas
coidando de freixo e comunidade
o sorriso la lua chinanteca

ti aoh temextitlán
oaxaca 21-2-10