03-7-2022

da vegana feira


vegana feira vegana
nada con dor animal
na comida e no vestir
casa saúde e camiñar

vegana este bo encontro
a feira do veganismo
neste planeta infeliz
na inxusta cidade de vigo

primeiro a proximidade
froitos da nai terra
aloumiños e alcouves
directos chegan á feira

dime unha expositora
pros estómagos enganar
veganos queixos e chourizos
pancetas atúns e demáis

cereais e cogumelos
leguminosas e cabazas
con pimentón e outros polvos
darán boas carnes veganas

moito plático de envases!
canta auga se precisa
combustible e corrente
pra facer unha salchicha?

palestras obradoiros xogos...
do mundo globalizado
pero falta ecoloxía
neste camiñar vegano

a terra pra quen a traballa
e máis pra quen a respeita
veganismo ecolóxico
soberanía alimentaria

o cronista