09-5-2011

de galiza non se vende


nas ruas de compostela

de monteferro ao courel
de massó a reganosa
terra viva digna para todas
a montaña a chaira o val
o rio a ria a vila a cidade

e camiñamos a alameda
e as ruas da cidade do sar
polas ruas de asfalto que ven
de saqueos en lonxanas terras
e polas ruas de pedras de granito
de penedos e montañas troceadas
ai cantas feridas deixamos na terra
ai cantas abertas feridas

na praza da quintana dos mortos
entrou moita vida entrou terra
viva e digna que non se vende
a risa o berro os xogos
o teatro a poesia e a musica
e foi na praza case ao final
cando caiu unha carga de chuvia
é a nosa humida terra pois
non podia ser doutro xeito