22-4-2017

da insurxencia rapeiros

 


os rapeiros da insurxencia
deste estado doce voces
no palco e na rede locen
por músicas e poemas

os rapeiros da insurxencia
doce voces deste estado
a audiencia van xulgados
soamente polas letras

non mataron non roubaron
non violaron a ninguén
o seu delito é non crer
que hai democracia no estado

estafadores non son
e na rúa non puxeron
á familia do terceiro
por un papel que firmóu

sen rimas conta o rapeiro
do rap da vida e do barrio
a denuncia dos de abaixo
saúl co seu manifesto

cando fala da censura
temos un corte de luz
saúl somos todxs  es tu
a revolta e a cultura

o cronista en coia