30-4-2017

travesias da liberdade



o ateneo de moaña
segue a súa travesía
vintecinco de abril sempre
entra en moaña pola ría
na mesa temos con nós
militares pacifistas
compas josés vieira e fortes
contan batallas perdidas
e falan do sementado
e das grandes utopías

vieira capitán de abril
lembra o barco sta maría
outro barco libertario
está presente nesta vila
aquel gramma caribeño
que foi liberar unha illa

de la habana chega trigo

con raices nestas rías


25 de abril sempre
26 de xullo viva
trigo fortes collazo vieira
meus compañeiros da utopía

 


escrito e recitado no evento
onde tocóu o xico de cariño
e cantóu nelson quinteiro

manolo pipas