11-12-2016

camiño privado

 

 

este curioso letreiro está

na entrada do noso camiño

camiño sen saída para carros

que da entrada a oito vivendas

camiño aberto cun carreiro

con vello dereito de paso

para as seguintes casas

pero este letreiro foi acordado

e colocado polos meus veciños

cansos de que cada quince días

acá moi perto de balaídos

os tolos do futbol atranquen

coma hoxe mesmo

este pequeno camiño

e eses días tamén se pon

unha cadea cara a esquerda

 

ah o rabiño do eñe

coloqueino eu no letreiro

que antes puña camino privado

 

o cronista