18-11-2012

paseo no serán da folga






no serán da folga pasea
unha rapaza coas suas meniñas
polas ruas cos baixos pechados
no centro desta obreira cidade
e contar os pouquiños lokais abertos
vaise convertir nun pequeno xogo
unha cafeteria unha farmacia un bar
o macro-centro-comercial un estanco
e pola rua peatonal no chan ciscado
polos contra-manifestantes da tarde
o interior de varios contenedores de lixo
as pintadas nos bankos e algo queimado
caixas de cartón e brancos confetis
serven de xogo ás cativas que seguen
cunha fita de plastico polo camiño
e con ela tamen xogan na arbore
dun parque logo dos columpios
outra farmacia aberta unha bocateria
a biblioteca cos servicios minimos
e que gosto camiñar por esta vella praza
as cafeterias pechadas e sen mesas fora
livre o camiñar a praza e as ruas abertas

lariño

para ana lía e nair
con esta imaxe
que tardou un pouco