17-8-2012

cruzando a ría




a ria vou ver se cruzo a ria

e a ria tamen me vai cruzar a min
o peirao é un lugar de encontros
no barco facemos unhas poucas viaxes
a diversos espacios e diferentes tempos

unha cita e varios encontros mais
di a amiga que non hai casualidades
con outra amiga compartimos viaxes
veu de visita o xemelgo doutro amigo
está aquí perto pero non o vou coñecer
as familias as amistades os afectos
aos nenos costalles deixar a praia
a tarde imos ver se cruzamos a tarde

da praia á vila camiñando de vagar
unhas de regreso outro segue coa visita
unha procesion baixa unha rua estreita
as imaxes os gaiteiros e a fantasia
e a poucos metros sae a realidade
dos afectos e feridas doutra compañeira
na casa a cea colectiva precisa un viño
como medraron os nenos que xa se deitan
a conversa e as musicas das nosas vidas
as familias as amistades os afectos
a noite imos ver se cruzamos a noite

un neno preguntoume por outro neno
fago coas miñas feridas preguntas á lua
pero non me vai respostar nengunha

lariño

imaxe da pizarra dos nenos
da casa amiga de berbetaña
boa noite compas