21-9-2017

as escolas e o represor



as escolas e o represor
ou os dous enriques as escolas normais
e ese país que chaman méxico

a escola enrique rébsamen de coapa tlalpan
construida sobre o aterramento do lago texcoco
derrumbouse polo terremoto e morreron
trinta cativos e alguns adultos

enrique rébsamen foi un educador
e pedagogo nacido nun cantón suizo
cun amplo traballo en méxico hai cen anos
e vencellado as escolas normais mexicanas

a escola chegou o presidente enrique
peña nieto a pasear a sua hipocresía igual
que fixo en juchitan e recoller uns votos
un dos culpables dos crimes de atenco
e o que non quere facer xustiza
polos desaparecidos da escola normal
de ayotzinapa e en tantos crimes de estado

tamen hai varios cativos desaparecidos
debaixo dos escombros da escola
e como enrique peña non vai ser xulgado
ogallá desaparecese algun día
deste planeta que trema contra os de abaixo
mestres os mesmos de abaixo seguen

construindo e reconstruindo escolas


un amigo das escolas