18-3-2013

debaixo das nubes dos altos




as nubes dos altos de chiapas

sobre os tellados da cidade
están ben altas pois

máis altos que os tellados

están os freixos dos parques
e debaixo deles e das nubes
o mercado e outros anonimos
corpos que se venden
os musicos pasando a gorra
os chamacos pedindo pola rua
outros pedindo aos deuses

unha mesa e un café e olla
e platicamos de vagar
un até logo outro encontro
e nova plática debaixo
das nubes dos altos de chiapas

altos de chiapas