11-1-2016

xuizo urdangarin borbon

 


en mallorca o caso nóos

o xenro exemplar xulgado

por pasarse co roubado

non por ser un gran ladrón


que monarquía podrida

no banquiño está a infanta

pero só é unha trampa

ex-culparán a cristina

 

casados en  barcelona

mira ti que paradoxo

no parlament andan roxos

que eles tiren ben da lona

 

na sala de xuizo nóos

un retrato do felipe

este estado vai a pique

que se cae ese señor


millonada vai custar 

este xuizo máis que farsa

que pensarán @s do barsa?

pague a familia real !

 

nós non cremos nesas leis

mais polo ben da nación

compadezcan máis borbóns!

que declaren os dous reis!

 

o cronista