15-2-2010

a muller e o tear




yo no entendia nada
las manos el hilo el telar
un trabajo increible


a muller e as suas mans
as mans no seu tear
o tear atado a cintura
a cintura atada a cores
e formas que van medrando

a avoa a nai a neta entrelazando fios
entrelazando grecas flores peixes
paxaros e paisaxes letras e palabras
rebosos blusas e morralitos
entrelazados

as mulleres e as suas mans
entrelazando os dedos e as uñas
a sua cintura os seus ollos
que fan medrar estas novas formas
mentres ela tamen medra

o tear e a cintura
a muller de rodillas
ou sentada no chan de terra
son moitas horas no seu tear
con outras horas de traballos
que van entrelazadas

mans que veñen
de facer as tortillas do dia
e xa se enredan no tear
mans que xa baixan ao rio
a lavar os fermosos textis
e regresan ao seu tear
a muller e a suas mans
mans que levantan
a sua chiquita que se enreda
no fio da sua roca
o fio do que tira a muller
a cativa que tira e mama
as formas e o traballo
que algun dia ocupará

lariño oaxaca 2-10