28-9-2015

da terriña dos jordis

 

 

entón ca-ta-lun-ya

@s habitantes da terriña dos jordis

votaron onte ao seu parlamentiño

 

esta semana por tres veces empecei

unha cronika ke non tirei a papeleira

fican os borradores no caderno

e na confusa computadora

por se co tempo volto a eles

 

pois eu teño estado nesa nación

sen estado que chaman catalunya pois

con compas dalá teño convivido moito

escoito a súa rica cançó ...

e modestamente a min eles non

me parecen españoles pero si hispanos

como nós os galegos pois

pero eles mediterráneos e nós atlánticos

e dalgún xeito todos europeos

e sobre todo do mundo mundial

 

pois si ke gañaron os independentistas

que lle deron varias leccions a tantos

oportunistas e medios de mal-información

e votaron moitos pero non botaron

e entre independentistas e españolistas

a dereita é quen máis deputados ten

e uns e outros dan moito respeto

 

noraboa e sentidiño as cup

candidatura d'unitat popular

 

o cronista