20-10-2017

o lume e a familia

 


este pasado domingo quince

un día que non imos esquecer

o lume dos homes do desgoberno
chegou á vivenda da familia
a parella e os tres pequenos
na insua de pontecaldelas
co seu bus reconvertido en casiña

e unha cociña e baño de madeira

á beira da verde floresta
e non foi a primeira vez
non foi o primeiro ano
que o lume se lles acerca 
pero desta volta un veloz
lume co cambio de vento
queimoulles o bus con todo dentro
logo de que sairan correndo os cinco
 
para saber mais deles
e se queredes apoialos
@elenaharrypontecaldelas
pero son moitas as familias
que perderon todo ou moito

unha aperta harry e elena

pipas