07-1-2015

25 rotondiana cidade fermosa

 


as vergoñas do señor alcalde

seguiron vixiadas pola local policía

estes dias de parón da construcción

cun carro dos de azulón a pe de non-obra

 

as sete e media da mañán

vintetantos rotondianos e rotondianas

polo lado contrario aos de azulón

entramos a facer a asemblea

 

uns poucos metros de valado

e uns poucos máis de mallazo

foron retirados para facernos ver

e para que os cidadáns vexan a desfeita

de quen tan mal nos goberna

 

no frío mencer un pequeno lume

pero os que se quentaron foron os pasmas

que pouco despois hai 24 identificados

e a seguir chega un feixe deles

e sácannos a empurróns para fora


á beira da non-obra

hai un rotondiano detido

e ningún policía ferido

como din as súas mentiras

e permanecemos media hora

con policía por diante e por detrás

como outra postal da cidade fermosa

da que fala o rotondista alcalde


o cronistadecoia