09-2-2013

cravos bermellos en asamblea




homenaxe a manolo soto

esta man de muller
amiga compañeira veciña
recolle un cartaz da homenaxe
na amurallada praza da oliva
a manolo soto o rata
e con el moitos sentires e imaxes

no mediodía de hoxe
na beira do miño salvaterra
a sua foto co sombreiro
a bandeira coa bermella estrella
e flores de tantas cores
cos cravos bermellos en asamblea
a palabra a poesía a canción
voces e apertas de amigos e compañeiras

en salvaterra a 9-2-2013
as voces do festival xan e irene
e kiko neves uxía senlle

os seus compañeiros de traballo
tino baz  mini e mero
e gaiteiros os cuncheiros

manolo pipas