05-2-2011

texcoco chapingo atenco


     a chava odette nacho ...


na chaira do texcoco o vento
o vento e un pouco de frio
que abanean os vellos pirules

pregunteille a unha muller do mercado
e hai tempo que non chove no altiplano
e cecais a noite estas fermosas nubes

na universidade agricola de chapingo
os freixos son as arbores que dominan
que lle dan forma aos espacios mais ben

a capela da vella facenda pasou a ser
o tempo da mitoloxia revolucionaria
coas pinturas do muralista diego ribera

texcoco entre a cidade de mexico e atenco
entre os cerros e os restos do gran lago texcoco
el molino de las flores as lembranzas do plantón

unha mesa grande e calida en atenco
logo da chamba de uns e a visita de outros
desenfadadas conversas desta revolta decada

esta beira da chaira altiplano
como unha grande arbore
que perdeu parte da sua ramada
pero aí segue aí segue