04-3-2011

barrikada da palabra


as palabras son

como as teclas dun piano
as melodias como poemas

a batalla da palabra
despois dalguns camiños 
agora está a okupar
moito do noso tempo

na mesa dos compañeiros
as follas dos seus poemas
un libro as armonicas
as copas do likor café
e un pouco de armonia

o noso estrado está
trintetantos centimetros
porriba do voso chan
as nosas palabras están
a uns poucos metros de vos
o sentimento queremos
pegado ao vos ser

a barrikada da palabra
na que agora estamos
na que sempre estivemos

manolo pipas

onte a noite
na cova dos ratos
cos poetas sito e lupi

e unha lembranza
para marcos huesos