09-4-2013

serras e cerros



 




la sierra madre del norte
la sierra madre del sur
e todos os cerros

amoltepec cerro do amole
alotepec cerro das guacamayas
e o cerro vello e o cerro novo

na camioneta o vento na cara
a esquerda o cerro dos zopilotes
primeiro estaba ben arriba
e logo ficaba abaixo

había pouco tempo
e moito calor en matatlán
e o cerro das nove puntas
non o puidemos subir

o zempoaltepetl
o cerro dos vinte picos
que alguns subiron
e non os contaron ben

os varios e distantes
cerros da malinche
e o cerro do gachupín
o noso lonxano parente

o cerro pelón
o meu vello compañeiro
noutra saida e comunidade
tamén ficaba lonxe

manolo pipas

terras de oaxaca
cerro das nove puntas
a gabriela e camelia