12-2-2016

de barriga verde e gorgorito

 


morréu o demo

acabouse a peseta

decía o barrigha verde

logo de empregar a cachiporra

nos anos 50 e primeiros 60

cóntame meu pai e miña nai

e os títeres eran en galego

nun tempo no que a nosa lingua

era represaliada pola dictadura

 

barriga verde marcóu a infancia

e a xuventude de varias xeracións

e o títere gorgorito que viña

da meseta con obras en castelán

marcóu as seguintes nos setenta

 

agora hai moitos títeres

pero pola competencia doutras formas

pouca pegada deixan na rapazada

agora na cultura da imaxe e do virtual

entre tanta cacharrada e merchandaisin

as alleas cachiporras son máis grandes

ou case non se ven pero dan muito respeto

 

o cronista