30-3-2013

violencia en oaxaca




os novos muiños de vento
son verdadeiros xigantes
e cada unha das suas aspas
é como un inmenso puñal
que se clava nas comunidades

as transnacionais mareña renovables
e union fenosa-gas natural e outras
cos seus complices politicos do pri e pan
golpean aos pacificos comuneros
con desaloxos violentos paramilitares
e ameazas de morte

o ultimo espacio ameazado
é s dionisio do mar e dezaseis comunidades
opoñense ao devastador proxecto
sobre as lagoas dos pescadores huaves ikoots

moi perto en juchitán a comunitaria
radio totopo sofriu sabotaxes e roubos
e a barricada na defensa do territorio
polo camiño de juchitán a playa vicente
que xa leva mes e medio sofriu estes dias 
a violencia de mil dous centos policias

onte na cidade de oaxaca
foron detidos david alebrije
e pablo gallo compas do movimento
acusados dun estupido delito inventado

o represor presidente de mexico
vai visitar oaxaca estes dias
e a violencia camiña diante del

cronika urxente