24-2-2013

dia de la bandera mexicana




hoxe é o dia da bandeira mexicana

e ésta ten tres cores en vertical
como o propio país pois
verde branco e bermello
e o significado desas cores
foi cambiando co paso do tempo
e na orixe parede ser que foi
verde da independencia branco
da fe catlica e bermello da unioón
entre europeos e americanos!
pero e os africanos ?

logo coa secularizacion do pais
verde esperanza branco unidade
e bermello sangue dos herois nacionais
pero en cambio alguns compas
teñen esta outra versión
verde dos campos sembrados
branco da neve dos volcans
e bermello dos valentes soldados
pero para o pobo estas cores
tamen son as do plato ovos á mexicana
o chile verde cebola ovo e tomate

ai esa bandeira presente en todas partes
e nas prazas e edificios publicos
con xigantesco tamaño
e nos espacios zapatistas....

lembro agora unhas palabras
do compañeiro libertario albertani
italiano de nacemento e orixe
pero coa metade da sua vida acá
e como a bandeira italiana
ten as mesmas cores que a mexica
el divide o seu amor entre duas culturas
e o seu odio nunha soa bandeira
ou algo asi me dixera

a cor bermella xa está sendo
a cor dos asasinados polos narcos
hoxe foi a bandeira
outro dia seguimos coa patria

na imaxe unha das miles
de bandeiras de papel que repartiron
nun evento patrio no teatro de la ciudad
e que acabou no contenedor do lixo

casco historico df