12-3-2021

inés e a bisagra


inés arrimada inés 
andaluza catalana
a centrista ciudadana
entre o psoe e o pp

esta inés a brincadeira
que fuxíu de barcelona
en madrí máis dura lona
moitos golpes ela leva

inesita a liberal
tan arrimada a ribera
que cando ven unha chea
deixa votos pra abascal

mais inda non toca fondo
como haxa eleccións
cederálle outros sillóns
para ayuso e gabilondo

partido bisagra lindo 
ciudadanos comodín 
queremos murcia i madrí 
con quien pague el recibo


por donde se va pal centro
pregunta inés arrimadas
a centrista descentrada
ao seu querido espello

tanta bisagra e veleta
que pra moción de censura
uns tres centrados de murcia  
van mudar de papeleta

coitada inés arrimadas
no llegó con ayusazo
que también hai tamayazo
ai ribera que me matan