28-9-2014

entre oceánicos poemas

 

 

o caldeirón é un mamífero mariño

irmán maior de golfiñas e arroases

caldeirón é un pequeno barco

editorial de poemas de terra e mar

e ao peirao do andel chegou

a transfusión oceánica do xosé

da man do paco souto poeta

taberneiro editor e percebeiro

e do xurxo souto un terrícola

que ten querencia polo mar

diatónico oceánico ese aire

da súa voz e salgado acordeón

 

ana miranda trouxo unha patela peixeira

chea de libros de poetas das rías o do mar

e xosé iglesias pediu máis voces amigas

alfonso láuzara amante noitedía de sal

miguel alonso forxando soños de cativas

e maría xosé coa vida  do val do eo

logo de coordinar na presentación

imaxes e videos de nove metros

 

dános mariñeiro xosé outra transfusión de mar

e falou e recitou os poemas do seu barco-libro

nove metros de aventura nas bravas augas

para gañar o changüi mentres maduras poemas

 

ribadulla corcón improvisóu longo

versos livres da familia mariñeira

entre as rías e o mar aberto

e sonaron unha e outra vez

as oceánicas buguinas medre o mar

 

dános mariñeiro xosé outra grande

transfusión oceánica astronómica

que eu poño unha pequena décima

 

por tres horas mariñeiras

xosé faise timonel

do barco máxico andel

que xa zarpa da ribeira,

as ondas son ventureiras

e suma á tripulación

golfiñas e caldeiróns

do interior e máis das rías,

medra rica a poesía

dos salgados corazóns

 

manolo pipas

 

imaxe xaime nogueira