19-11-2017

das mortes do prestige

 


van 15 anos do afundimento do prestige
logo de que tivera un acccidente
e de que o des-goberno do pp
o pasease fronte as nosas rias
e sen exito quixera levalo cara
as costas de portugal e francia
e o 19 de novembro as 8 da manhan
o barco partiu en dous e seica
se afundiu no atlantico...

e non foi un desastre nen castrofe
foi un delito e unha traxedia
delito desde os donos e a aseguradora
pasando por todos os portos que
incumprindo as leis o deixaron pasar
ate o goberno do pp de aznar-rajoy

as costas e os fondo arrasados polo
fuel e outros lixos que ian  no medio
e millons de animais e vexetais mortos
e as persoas mortas do prestige son catro
pero non se reconhece a todos

man o aleman de camelle enfermo
deixou de comer e morreu de pena
un pecebeiro suicidouse
un marinheiro vasco limpando
chapapote sofriu un golpe e morreu
e un traballador de tragsa
en accidente limpando chapapote
tamen morreu polo prestige e o pp

seguen a pasar miles de barcos
parentes do prestige polas nosas costas
e ainda que non sofrimos outro derrame
este segue a ser o pais do chapapote

o cronista