11-1-2011

o alacrán e a lua


falta un tantito para media noite

e na praza de pedra dos flamboyanos
un pequeniño escuro alacrán
pasease diante de min buscando comida
entra nunha xunta e tarda en sair
e temo que saia xunto a miña perna

da praza xa marcharon as cativas
vendedoras ambulantes e as suas nais
e so fica algunha parella
nas esquinas da praza con menos luz
e o meu amigo alacrán que non sae
e a calada lua que buscará
ela co seu sorriso xa mais grande
que tamen se pasea diante miña
serei eu a sua comida ?