03-9-2010

a nena e as cores


a nena vive na loma
e vai recoller as tunas
a chamba da pouco tempo
pro seu xogo e travesuras

frida baixa a cidade
que nela vende figuras
animaliños que veñen
con outras mans e culturas

nesa praza hai un pintor
que retrata unha escultura
e frida mira e remira
que lle gostan as pinturas

a nena volta pra loma
desde ela mira pra lua
pero como non ten cores
ela debuxa coa pluma

a lua co seu sorriso
frida que lindo debuxa
e xa se columpia nela
unha descarada bruxa

frida na loma pobre
xa se deita coa lua
e coas suas cores soña
esta rapaza das tunas

oaxaca 1-2010