15-8-2016

paraños encontro de primas

 


entre saians e paraños

mentres arrolos sonaban

o meu dedo agarrando

e nós tres fala que fala

iria dórmese no carro...


nestas terras das parañas

domingo mañán de vran

na casa comunitaria

vai un encontro de primas

con avoas e criansas

 

tamén boa travesía

de formentera a paraños

saen vintedúas cantigas

moitos ritmos varias linguas

a roxana tan mestisa

 

cantaron primas e primos

na cultural de moeiros

déronnos vermut e pinchos

e seguiu o noso encontro

baixo as árbores no río

 

na casa roxana fernando

noe karina marcos...

no río os amieiros

 

manolo pipas