13-5-2021

son augas de xela arias


Nas paredes escribiran mortos .
O vento trae maquinarias. Sorte
de ríos amarelos ven parar ás nosas mans
atraio, quizais, malos destinos
pois abrazo morte, toda morte.
Ríos pesados de baleas
confonden os pasos que avanzamos.
E calo.

Ríos, ríos, só auga, coma ríos
sucesos acontecidos, contidos acenos
que desatamos , ríos que se desfollan.

¿Cando hemos desaparecer, cariño?
Fundida a confusión,  ¡como agradezo! 
Estufas tiran linguas
abrasadoras para cazarme.
E non se atrapan
reflexos das luces nos peiraos,
ás noites
cando eles dormen.

xela arias

do libro do 7º festival
da poesia en porriño 87