13-12-2012

a romeria e a memoria 2




por terras do val miñor

en vincios hai romeria
xoves trece de decembro
dia de santa lucia

na capela están cos rezos
e fora toca unha banda
toca musica do pobo
que é memoria sen palabras

debaixo do gran carballo
ai so baila unha parella
nai e fillo un pasodoble
mais memoria desta terra

chove e venta no torreiro
e cando remata a banda
nos falando descobrimos
outra memoria agachada

memoria do trinteseis
debaixo do gran carballo
houbo terror houbo morte
uns homes asasinados

algunhas daquelas balas
nesta arbore ficaron
ai vincios santa lucia
fai memoria no carballo

o cronista

nova version para cantar
dun texto do ano pasado
tal dia coma hoxe